A Asociación CAPACES LUGO foi constituída o 30 de setembro de 2013 na cidade de Lugo.
Visión, Misión e Valores
Visión
Ser unha entidade de referencia na provincia de Lugo na defensa dos dereitos e na inclusión das persoas con Trastorno do Espectro do Autismo (TEA), discapacidade intelectual e outros trastornos da comunicación, contribuíndo á construción dunha sociedade máis xusta, accesible e respectuosa coa diversidade, na que todas as persoas poidan desenvolver o seu proxecto de vida con autonomía, dignidade e plena participación na comunidade.
Misión
Capaces Lugo ten como misión mellorar a calidade de vida das persoas con TEA, discapacidade intelectual e outros trastornos da comunicación e das súas familias, promovendo apoios, recursos e oportunidades que favorezan a súa autonomía persoal, a súa inclusión social, educativa e laboral, así como o exercicio efectivo dos seus dereitos.
Para iso, a asociación desenvolve accións de apoio ás familias, sensibilización social, promoción de servizos e actividades educativas, sociais, culturais e de lecer, así como iniciativas de colaboración coas administracións públicas e entidades sociais, contribuíndo a xerar contornas máis inclusivas e accesibles para todas as persoas.
Valores
Inclusión
Cremos nunha sociedade na que todas as persoas, independentemente das súas capacidades, poidan participar plenamente na vida social, educativa, cultural e laboral.
Respecto e dignidade
Defendemos o respecto á diversidade e á dignidade de cada persoa, promovendo o recoñecemento dos seus dereitos e do seu valor como membros activos da comunidade.
Autonomía e autodeterminación
Promovemos que as persoas con TEA e outras condicións do neurodesenvolvemento poidan tomar decisións sobre a súa propia vida e desenvolver ao máximo a súa autonomía persoal.
Apoio ás familias
Recoñecemos o papel fundamental das familias e traballamos para ofrecerlles orientación, acompañamento e recursos que faciliten o seu benestar e a conciliación.
Compromiso social
Traballamos activamente para sensibilizar á sociedade, eliminar barreiras e promover políticas e servizos que garantan a igualdade de oportunidades.
Colaboración
Fomentamos o traballo conxunto coas administracións, entidades sociais e a comunidade para crear redes de apoio que beneficien ás persoas con TEA e ás súas familias.
Participación
Promovemos a implicación activa das persoas con TEA, das súas familias, do voluntariado e da comunidade na construción dunha sociedade máis inclusiva.
O noso ámbito é provincial.
Somos membros da FEDERACION AUTISMO GALICIA.
Estamos inscritos no:
- Rexistro Provincial de Asociacións co número 2013/017935-1.
- Rexistro Municipal de Asociacións de Lugo co número 608.
- Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos da Xunta de Galicia co número E-5988
-Rexistro de Entidades de Acción Voluntaria de Galicia co número O-727
-Membro do Consello Asesor de pacientes da área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte.
COMPOSICIÓN DA NOSA XUNTA DIRECTIVA
Presidenta: Noelia Fernández López
Tesorera: Olga Pazo del Nozal
Secretaria: María de los Ángeles Fernández Núñez
Vogal: Pilar García-Puertas Taboada
Vogal: María de los Ángeles Gómez Lage
Crea tu propia página web con Webador